CEG Heidelberg

Centro de Estudos Galegos

 

Centro de Estudos Galegos

Sobre nós

O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universität Heidelberg nace en 1995 e desde o seus inicio promove o coñecemento e o estudo da lingua e da cultura galegas no ámbito universitario internacional. A través da docencia, da investigación e da organización de actividades académicas e culturais, o centro contribúe á difusión da realidade lingüística e cultural de Galicia e ao fortalecemento dos vínculos académicos entre Galicia e Alemaña.

O CEG forma parte da rede internacional de Centros de Estudos Galegos, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración con universidades de todo o mundo. No caso de Heidelberg, o centro desenvolve a súa actividade no marco do Heidelberg Center for Ibero-American Studies (HCIAS) e participa das actividades docentes e investigadoras da universidade.