Investigación e transferencia
O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Heidelberg promove e apoia a investigación sobre a lingua, a cultura e a sociedade galegas no ámbito universitario internacional. Entre os seus obxectivos atópanse o fortalecemento dos estudos galegos dentro das estruturas académicas de Alemaña e a promoción de novas investigacións sobre Galicia.
Neste marco, o CEG impulsa e acompaña diferentes traballos de investigación no ámbito da lingüística, da sociolingüística e dos estudos culturais, especialmente no contexto de traballos de fin de grao e de mestrado, proxectos de doutoramento e publicacións científicas. O centro fomenta tamén a participación en congresos e encontros académicos relacionados coa lingua, a cultura e a literatura galegas.
Traballos recentes
Fabro, Lisamaria & Óscar Loureda (2025). Las redes sociales y el mantenimiento intergeneracional de la lengua: el uso del gallego en Instagram. HCIAS Working Papers on Ibero-America, HCIAS Working Papers on Ibero-America, Volume IV. https://doi.org/10.48629/HCIAS.2025.1.114298
Lisamaria Fabro (2024). O galego en Instagram. Traballo de final de mestrado dedicado á análise do uso do galego nas redes sociais.
Vanesa Rodríguez Tembrás (2024). Tese doutoral sobre o code-switching en consultas médicas bilingües en Galicia, baseada nun corpus de interaccións médico-paciente analizadas desde unha perspectiva sociolingüística e sociopragmática.
Kathrin Theißen (2020). Traballo de mestrado sobre os conectores consecutivos en galego, centrado na análise do seu uso no discurso a partir de datos de corpus.
