Estuda en Galicia!

Se es galego/a, resides no estranxeiro e queres cursar un máster nunha universidade pública galega no curso 2025/26, esta oportunidade é para ti!

💰 250 bolsas dispoñibles para cubrir matrícula e gastos de estadía en Galicia.

📅 Prazo de solicitude: Ata o 30 de abril de 2025 ás 23:59 h (hora peninsular española).

Requisitos principais:
✔ Ter menos de 40 anos
✔ Ter nacionalidade española
✔ Residir fóra de España dende hai polo menos 2 anos
✔ Estar vinculado/a a Galicia por nacemento, residencia ou descendencia
✔ Ter un título universitario que dea acceso a un máster
✔ Estar matriculado/a nun máster presencial ou semipresencial de 60 créditos mínimo para o curso 2025/26

🌍 Se queres volver a Galicia para especializarte cun máster, esta é a túa oportunidade! 🚀

🔗 Máis información e solicitudes: https://emigracion.xunta.gal/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2025#t759n41456