CEG Heidelberg

Centro de Estudos Galegos

 

Centro de Estudos Galegos

Sobre nós

O Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de Heidelberg xurdiu en 1995 a partir da cooperación coa Xunta de Galicia. É un dos moitos centros situados en distintas universidades arredor do mundo. A maior parte destes centros conta con lectoras e lectores e cunha oferta docente específica sobre a lingua e a cultura galegas. A colaboración transfronteiriza entre os centros baséase na cooperación entre universidades fóra de Galicia e a Secretaría Xeral da Lingua.

O CEG da Universidade de Heidelberg traballa baixo o paraugas do Heidelberg Center for Ibero-American Studies (HCIAS). O seu obxectivo principal é a difusión de coñecemento sobre a lingua e a cultura galegas. En consonancia co perfil da Universidade de Heidelberg, a lingua e a cultura galegas constitúen obxecto de investigación e docencia nos ámbitos da Romanística ou da Tradución para promover a creación e consolidación de redes arredor do galego.